FUNDACION DE LA SANTA CRUZ

Historia

A fundación da santa Cruz e a continuadora da vocación e da obra dos Irmanos Misioneiros dos Enfermos Pobres, una congregación fundada en 1946 en Barcelona por Antonio Jacome Pumar (1908-1989). Dende os seus inicios fixouse, como prioridade, a atención as persoas mais necesitadas da sociedade.

No mesmo 1946 a congregación alugou a vila Áurea no barrio de Vallvidrera de Barcelona e estableceuse na casa de convalecencia para persoas enfermas de tuberculose sen recursos. Tan so tres anos despois, en 1949, a congregación instalouse na Torre do Suro, no barrio do Guinardó, onde atopou o emprazamento derradeiro

Na década de 1950 e a de 1960 son décadas de crecemento. No ano 1954 creouse a casa de reposo en Barcelona para persoas sen recursos, en 1962 crease o Taller san Camil, primeiro centro de ocupación para persoas con discapacidade intelectual, e en 1966 creouse, en Vigo, o centro de acollida básica Nosa señora da Saúde para persoas con enfermidades e sen fogar.

Estes Servizo ampliáronse en 1987 coa creación dun albergue para persoas sen teito en Vigo e o Fogar Sor Eusebia para persoas enfermas de VIH na Coruña, En 2018 inaugurouse o Casal Bellesguard, unha casa de silencia en Barcelona.

No ano 2017, o Arcebispado de Barcelona e o Bispado de Vigo-Tui impulsan a creación da Fundación da Santa Cruz que recolle o espírito fundacional e a obra de mais de setenta anos da congregación dos irmáns misioneiros.

FUNDACIÓN DA SANTA CRUZ

Acompañando as persoas sen recursos

C. Sales y Ferré, 60
08041 Barcelona
Tel. 93 455 0766

Avda. Galicia, 160
36216 Vigo
Tel. 986 451 885 – Ext. 1